Ola familias! Despois de tantos meses, actualizamos o blog un pouco! Xa sabedes que fixemos un taller de cociña antes de marhar para as vacacións de Semana Santa. Esta vez foi de rosquillas, e coa axuda das familias! Moitas gracias!
Para facelas o primeiro que fixemos foi traer da casa unha receita, e miramos que ingredientes precisabamos. Despois de facer unha lista coa axuda de imaxes de Internet, fomos ao supermercado á compra, foi moi divertido e fixémolo moi ben!
O luns seguinte e coa axuda de varias familias fixemos un montón de rosquillas!
Primeiro pesamos e amasamos
E mentres deixamos repousar a masa fixemos un bonito gorro de cociñeiro, quedounos precioso!
Despois fixemos a forma das rosquillas e levámolas a fritidora...
E por fin...puidemos comelas e levalas para a casa!! mmm que ricas...
MOITAS GRACIAS POLA COLABORACIÓN!
No hay comentarios:
Publicar un comentario