martes, 25 de abril de 2017

CAIXA DA ALEGRÍA 3 ANOS A E 3 ANOS B

Ola de novo familias!

A semana anterior a marchar para as vacacións compartimos unha experiencia preciosa entre os nenos e nenas das dúas clases de 3 anos. A partir do conto "Mis pequeñas alegrías" cada clase fixo a súa propia caixa das alegrías na que cada neno e nena meteu algo que lle gustaba moito. 

Despois, cada neno lle presentou aos demais compañeiros o seu obxecto e lles explicou por que era tan especial para el. Aquí vos deixamos un vídeo dos grandes momentos que nos deron!



A caixa das alegrías - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

Foi precioso, esperamos que vos guste!

No hay comentarios:

Publicar un comentario