viernes, 27 de octubre de 2017

SAMAÍN 4 ANOS A


ESTA SEMANA COMEZAMOS A FALAR  DO SAMAÍN- HALLOWEEN. COA CHEGADA DESTA CELEBRACIÓN DECIDIMOS DECORAR A ESCOLA, PARA ISO FIXEMOS  UN  MURAL ENTRE TODOS OS NENOS/AS DE INFANTIL. 

1º:  PINTAMOS A LETRA "M" DE COR VERMELLO.




2º: DECORAMOS A LETRA " M" CON ARAÑAS.









ESTE FOI O RESULTADO FINAL!!!





LÓXICA- MATEMÁTICA 4 ANOS A

ORDENAMOS OS NÚMEROS DE MENOR A MAIOR E DE MAIOR A MENOR.
















MEDÍMONOS E PESÁMONOS: 4 ANOS A

ESTA SEMANA DECIDIMOS TRABALLAR CONCEPTOS MATEMÁTICOS DUN XEITO UN TANTO DIFERENTE, OBSERVANDO E REXISTRANDO O NOSO PESO EN KG E A NOSA ALTURA EN CENTÍMETROS. DESPOIS ORDENAMOS AS NOSAS FOTOS DE MENOR A MAIOR.

OBSERVACIÓN: OS NENOS/AS MEDÍRONSE E PESÁRONSE AXUDÁNDOSE UNS AOS OUTORS POLO QUE O RESULTADO FINAL QUIZÁS NON SE CORRESPONDA TOTALMENTE COA REALIDADE.



domingo, 22 de octubre de 2017

PINTAMOS COS DEDOS: 4 ANOS A

ESTA SEMANA DISFRUTAMOS PINTANDO COS DEDOS, DESCUBRINDO A TEXTURA, O OLOR E O RESULTADO DA MESTURA DE CORES.

FOI UNHA EXPERIENCIA ÚNICA!!!






CREAMOS UN MÓBIL CON FOLLAS DE OUTONO: 4 ANOS A

APROBEITANDO A CHEGADA DO OUTONO DECIDIMOS ELABORAR UN MÓBIL COAS FOLLAS QUE RECOLLEMOS  PREVIAMENTE NO PATIO DA ESCOLA. PARA ISO, PRIMEIRO PINTÁMOLAS DE DIFERENTES CORES PARA MÁIS TARDE UNILAS CON LAZOS. 

ESTE FOI O FANTÁSTICO RESULTADO!!



lunes, 9 de octubre de 2017

COMEZAMOS A TRABALLAR A TEMÁTICA DO CURSO EN 4 ANOS B

Ola de novo familias! A semana pasada comezamos a descubrir a temática deste curso. Fixémolo dunha maneira motivadora para os nenos e nenas, e que eles mesmos e mesmas fosen creando hipóteses para chegar a descubrir que imos traballar as casas. Cóntovos como o fixemos!

Fixémolo a través dun cadro da pintora Karla Gerard (xa sei que non é moi coñecida, pero gustoume o cadro).

Primeiro ensinamos soamente un burato do cadro e comezamos a facer preguntas e crear as nosas propias hipóteses do que podería haber alí agochado; eu fixen de apuntadora e anoteino todo!!


A partir das nosas hipóteses, nunha cartulina de A2 completamos o cadro entre todos!!

          
 
O resultado foi precioso, non vos parece??


Ao seguinte día descubrimos outro anaco, e sacamos as seguintes conclusións




O que fixemos desta vez foi completar o cadro por parellas en folios A3. 


                     
         
       

Ao día seguinte, fixemos a mesma dinámica mostrando un terceiro burato, e esta vez completamos o cadro de maneira individual.

Finalmente o xoves descubrimos o cadro enteiro e falamos do que pensabamos que íamos a traballar. A verdade é que o descubrir á primeira!! 

Despois de falar sobre o que xa sabíamos das casas (que anotamos, xa vos mostrarei foto) decidimos que este trimestre, como vistedes na nota, ímos traballar coas nosas casas, xa vos irei mostrando como a partir das fotos que traian os nenos e nenas! 

Ah por certo, o cadro que descubrimos é este:

Un saúdo!!