lunes, 5 de febrero de 2018

CONTINUAMOS COA ANTÁRTIDA E O POLO NORTE: 4 ANOS B

Seguimos traballando! Esta semana Valentina trouxo un conto precioso!

Nel, o osiño fíxolle varias preguntas á nai, e a que máis nos interesou foi "Como se fai a neve?" A raíz desa pregunta vimos un vídeo sobre o ciclo da auga:



Despois o que fixemos foi un experimento para ver un proceso similar á evaporación e condensación; para iso fervemos auga e vimos o vapor de auga; e para observar a condensación empregamos film transparente. Encantounos este experimento!! Só nos queda elaborar o panel!!

  
        

 

Moitas gracias polo libro Valen!!!




viernes, 2 de febrero de 2018

DÍA DA PAZ: 4 ANOS A

LETRAS E REGLETAS: 4 ANOS A


PARA CONTINUAR FAMILIARIZÁNDONOS COAS REGLETAS, ESTA VEZ FIXEMOS UNHA ACTIVIDADE QUE CONSISTÍA  EN CREAR LETRAS UTILIZANDO COMO ÚNICO RECURSO ESTE MATERIAL MATEMÁTICO.












MURAL DOS MEDOS E AS ALEGRÍAS: 4 ANOS A

AO LONGO DA SEMANA PASADA E DESTA TAMÉN, ESTIVEMOS FALANDO NA AULA DAQUELAS COUSAS QUE NOS PROVOCAN MEDO E AS QUE NOS PRODUCEN ALEGRÍA. ESTA IDEA XURDIU PARA DAR RESPOSTA AS INQUIETUDES QUE CADA DÍA SE FACÍAN MÁIS EVIDENTES NOS NENOS/AS. DESTE XEITO SINCERÁMONOS COS NOSOS COMPAÑEIROS POÑENDO DE MANIFESTO  OS NOSOS SENTIMENTOS. TODO O TRABALLADO QUEDOU RECOLLIDO NO SEGUINTE MURAL. 

1º PINTAMOS O MURAL DAS ALEGRÍAS E DOS MEDOS.





2º: ESTAMPAMOS A NOSA PEGADA  NO MURAL DAS ALEGRÍAS E ESCRIBIMOS AQUILO QUE NOS FAI FELIZ NAS FOLLAS DA ÁRBORE E O QUE NOS PRODUCE MEDO NO INTERIOR DOS GLOBOS.






ESTE FOI O RESULTADO!!!