martes, 25 de abril de 2017

Apadriñamento 3 anos B

O domingo 23 de abril foi o día do libro, e o luns no cole pasou algo moi bonito. Os nenos e nenas dos cursos dos maiores "apadriñaron" a un neno ou nena dos peques.

Aos nenos e nenas da clase de 3 anos B viñeron os da clase de 4ºA, viñeron presentarse e o luns cada neno foi para o patio co seu "apadriñado" e contáronlle un conto. A estampa foi preciosa!


Lóxico matemáticas: 3 ANOS B

Ola!

Seguimos actualizando! Ao longo de todo o curso fomos aprendendo moitas cousas relacionadas coas matemáticas: formas, números, series... e todo elo coa axuda das regletas!

Ademais comezamos a xogar á ruleta das matemáticas con diferentes materiais e por parellas. Aos nenos e nenas encántalles!


CAIXA DA ALEGRÍA 3 ANOS A E 3 ANOS B

Ola de novo familias!

A semana anterior a marchar para as vacacións compartimos unha experiencia preciosa entre os nenos e nenas das dúas clases de 3 anos. A partir do conto "Mis pequeñas alegrías" cada clase fixo a súa propia caixa das alegrías na que cada neno e nena meteu algo que lle gustaba moito. 

Despois, cada neno lle presentou aos demais compañeiros o seu obxecto e lles explicou por que era tan especial para el. Aquí vos deixamos un vídeo dos grandes momentos que nos deron!



A caixa das alegrías - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

Foi precioso, esperamos que vos guste!

Taller de rosquillas: 3 anos B

Ola familias! Despois de tantos meses, actualizamos o blog un pouco! Xa sabedes que fixemos un taller de cociña antes de marhar para as vacacións de Semana Santa. Esta vez foi de rosquillas, e coa axuda das familias! Moitas gracias!

Para facelas o primeiro que fixemos foi traer da casa unha receita, e miramos que ingredientes precisabamos. Despois de facer unha lista coa axuda de imaxes de Internet, fomos ao supermercado á compra, foi moi divertido e fixémolo moi ben!






O luns seguinte e coa axuda de varias familias fixemos un montón de rosquillas! 

Primeiro pesamos e amasamos




E mentres deixamos repousar a masa fixemos un bonito gorro de cociñeiro, quedounos precioso!














Despois fixemos a forma das rosquillas e levámolas a fritidora...






E por fin...puidemos comelas e levalas para a casa!! mmm que ricas...



MOITAS GRACIAS POLA COLABORACIÓN!

viernes, 14 de abril de 2017

VISÍTANNOS OS XOGADORES DO JUVENTUS: 3 ANOS A

O XOVES RECIBIMOS UNHA VISITA MOI ESPECIAL, CATRO XOGADORES DO CLUB JUVENTUS DE CAMBADOS VIÑERON PASAR UNHA PARTE DA MAÑÁ CONNOSCO. ENTREVISTÁMOLOS, FIRMÁRONNOS AUTÓGRAFOS E XOGAMOS CON ELES AO BALONCESTO.
 FOI UNHA EXPERIENCIA MOI ENRIQUECEDORA!!!






SAÍMOS DE EXCURSIÓN POR CAMBADOS: 3 ANOS A

PARA DESPEDIR O SEGUNDO TRIMESTRE OS NENOS/AS DE INFANTIL SAÍMOS POR CAMBADOS A BUSCAR AS ESCULTURAS QUE REALIZOU O NOSO AMIGO LUCAS MÍGUEZ.  
CANTAS COUSAS APRENDEMOS E QUE BEN O PASAMOS!!!




Saída por Cambados - Kizoa Editar Videos - Movie Maker