Ola de novo familias! A semana pasada comezamos a descubrir a temática deste curso. Fixémolo dunha maneira motivadora para os nenos e nenas, e que eles mesmos e mesmas fosen creando hipóteses para chegar a descubrir que imos traballar as casas. Cóntovos como o fixemos!
Fixémolo a través dun cadro da pintora Karla Gerard (xa sei que non é moi coñecida, pero gustoume o cadro).
Primeiro ensinamos soamente un burato do cadro e comezamos a facer preguntas e crear as nosas propias hipóteses do que podería haber alí agochado; eu fixen de apuntadora e anoteino todo!!
A partir das nosas hipóteses, nunha cartulina de A2 completamos o cadro entre todos!!

O resultado foi precioso, non vos parece??
Ao seguinte día descubrimos outro anaco, e sacamos as seguintes conclusións
O que fixemos desta vez foi completar o cadro por parellas en folios A3.
Ao día seguinte, fixemos a mesma dinámica mostrando un terceiro burato, e esta vez completamos o cadro de maneira individual.
Finalmente o xoves descubrimos o cadro enteiro e falamos do que pensabamos que íamos a traballar. A verdade é que o descubrir á primeira!!
Despois de falar sobre o que xa sabíamos das casas (que anotamos, xa vos mostrarei foto) decidimos que este trimestre, como vistedes na nota, ímos traballar coas nosas casas, xa vos irei mostrando como a partir das fotos que traian os nenos e nenas!
Ah por certo, o cadro que descubrimos é este:
Un saúdo!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario