Xa fai unhas semaniñas a nosa galiña Olga recomendóunos coñecer a cultura mexicana, e a través de preguntas comezamos a nosa andaina.
Hugo encargouse de explicarnos a comida típica, e como nos encanta a cociña, decidimos facer unha delas: FAJITAS!!

Para iso, despois de elixir os ingredientes e elaborar a receita, por grupos preparamos os ingredientes.
Uns, cortaron o polo,
Outros o tomate,
Outros raiaron o queixo,E outros trocearon o xamón york
Despois, pasamos pola sartén o polo cun pouco de aceite, e as fajitas á prancha

Estaban boísimas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario