Como xa sabedes, estas semanas temos leite no cole. Un día falando da abundancia do mesmo, ocorréusenos que podíamos facer batido, e pensando de que o podíamos facer, pensamos en fresas.
A verdade é que foi unha actividade que nos encantou, e que repetiremos con outros ingredientes. Os nenos e nenas desenvolveron autonomía e aprenderon a respectar a quenda de traballo para ter un resultado común!
Seguimos varios pasos:
1. Quitamos o rabiño das fresas
2. Lavamos as fresas
3. Cortamos as fresas
4. Mesturamos con leite e azucre
5. Batemos
6. Comimos!!
Estaba boísimo!! Probástelo???
No hay comentarios:
Publicar un comentario