lunes, 18 de febrero de 2019

COMEZAMOS CON MÉXICO: 5 ANOS B

Ola familias!
Xa fai unhas semaniñas a nosa galiña Olga recomendóunos coñecer a cultura mexicana, e a través de preguntas comezamos a nosa andaina.

Hugo encargouse de explicarnos a comida típica, e como nos encanta a cociña, decidimos facer unha delas: FAJITAS!!



Para iso, despois de elixir os ingredientes e elaborar a receita, por grupos preparamos os ingredientes.

Uns, cortaron o polo,

Outros o tomate, 
Outros raiaron o queixo,
E outros trocearon o xamón york
Despois, pasamos pola sartén o polo cun pouco de aceite, e as fajitas á prancha







           

Estaban boísimas!


No hay comentarios:

Publicar un comentario